Skip to Content

Exposición: Nos ollos de Torneiros

O CPI da Ribeira
Comprácese en convidalos a visitar a exposición de fotografía:


Nos ollos de Torneiros
Fotografías do alumnado de 4º ESO

Casa de Cultura do Porriño

Horario:
de luns a venres de 9:00 a 21:00 h
Sábados de 10:00 a 14:00 horas

 

 

 

O alumnado de 4º da ESO do CPI da Ribeira presenta a exposición de fotografía “Nos ollos de Torneiros” na Casa de Cultura do Porriño, resultado do obradoiro realizado co fotógrafo Tono Mejuto.

 

A actividade enmárcase dentro do proxecto Fotografía en Curso (Plan Proxecta da Xunta de Galicia). Conta coa colaboración do Concello do Porriño, e consiste en dar a coñecer a contorna do centro educativo dos rapaces a través das súas fotografías e do seu ollar. O acto de inauguración contará coa presentación da exposición do propio alumnado e un breve acto musical.

 

Este proxecto innovador, no que participan as profesoras Mar Cuba Taboada (Francés), África Álvarez Outerelo (Música) e Cristina González Treceño (Ed. Plástica) pretende introducir a fotografía nas aulas e permite ao alumnado mellorar a técnica fotográfica, estimular a súa creatividade e espertar afeccións artísticas.

 

A exposición, que se poderá visitar do 17 de xuño ao 1 de xullo, pon fin a meses de duro traballo no que os rapaces foron transformando a súa mirada e perfeccionando a súa técnica fotográfica. Este traballo favoreceu o desenvolvemento de distintos proxectos interdisciplinares no centro, así como obradoiros de escritura e fotografía, algúns deles impartidos polo propio alumnado de 4º aos seus compañeiros de cursos inferiores.



       

BiblioCreativa

pagina | by Dr. Radut