Skip to Content

FESTIVAL DE CURTAMETRAXES DE CANS

 O alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria acudiu á XIII edición do festival de Cans o día 19 de maio.

 Participaron na homenaxe as vítimas dun accidente de circulación ocorrido no ano 1953, no que morreron xentes de toda a contorna que acudían á feira de Ponteareas. Xunto ao alcalde de Salceda e a unha emigrante retornada de Arxentina depositaron un ramo de flores no monumento que financiaron varias asociacións.

 Realizaron un percorrido polos principais enclaves nos que teñen lugar os actos máis salientables deste certame e visionaron dúas curtametraxes: unha de ficción e outra de animación.

 Tiveron guías moi cualificados que os documentaron sobre o contido deste festival e puideron conversar con Nieves Álvarez, presentadora da RTG e actriz, e con Manuel Barreiro, cámara. Contáronlles como son as súas profesións, trucos audiovisuais...e fixeron especial fincapé no valor do esforzo para acadar as metas que cada un se propón.



       

BiblioCreativa

page | by Dr. Radut