O CEIP Plurilingüe da Ribeira conta cos seguintes servizos:
- Comedor, con menús sans e saludables.
- Transporte para as parroquias de Chenlo, Mosende e Pontellas.
- Actividades extraescolares, impartidas fora do horario lectivo e xestionadas pola ANPA.
- Instalacións sin barreiras arquitectónicas para que todos teñamos cabida coas mesmas oportunidades.
- Coidadora, para atender ao alumnado que precisa axuda.
E ademáis o alumnado poderá:
- Acudir á Biblioteca, aberta todas as tardes de 16 a 17 h. para continuar coa súa formación ou disfrutar nos seus momentos de lecer. Á biblioteca pode acudir toda a comunidade educativa (pais/nais, profesores, alumnos/as) para ler, usar os ordenadores ou levar libros ou películas en réxime de préstamo.
- Apuntarse ao Clube de lectura.
- Recibir axuda nos seus estudios grazas aos seguintes programas de axuda: Reforza-T (PROA+), Mellora das Competencia Clave (Obradoiros de Cociña, Plástica e Dramatización) e Con-Vive
Ofertamos unha educación de calidade, xa que contamos con:
- Aulas EDIXGAL en 5º e 6º de Primaria. Nelas traballamos con:
- Netbooks, canón e pizarra dixital.
- Diversos programas educativos.
- Libros dixitais.
- Blogs do profesorado.
- Blogs de profesorado doutros niveis, asignaturas e da biblioteca.
- Aula de Música, aula de Tecnoloxía, aula de Plástica, aula de Informática, Bilbioteca...
- Especialistas en PT e AL.
- Orientadora.