Skip to Content

blogue detcruiz

Fotos SAMAIN

lbm,

 

V<div align="center"><video width="320" height="240" controls="true"> <source type="video/mp4" src="http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipribeiraporrino/?q=system/files/29.mp4"></source> O teu navegador non soporta este vídeo. </video></div>

 

 

O ALUMNADO DE 6º EP E A EDUCACIÓN VIAL

Este venres 17 de febreiro o noso alumnado de 6º de Eduación Primaria tivo a sorte de poder achegarse á educación vial, nunha xornada que combinou os aspectos teóricos cunha divertida sesión práctica. O noso alumnado aprendeu ao tempo que gozou.

Queremos agradecer especialmente á Policía Municipal do Porriño e a Protección Civil da súa dispoñibilidade, dedicación e do seu bo facer. Moitas grazas por compartires con nós esta xornada.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS. MARTES 21 DE FEBREIRO. DE 16:00 - 18:00 h.

Queres coñecer o noso centro? Queres saber os servizos cos que contamos? Queres coñecer as nosas aulas?

O martes 21 de febreiro estás invitada/o ao CPI da Ribeira. De 16:00 ás 18:00 h. poderás coñecer as instalacións do noso centro.

Animádevos. Estaremos agardándovos.

Día da Paz 2017

O alumnado do CPI da Ribeira celebrou o Día da Paz cun Mannequin Challenge. Posto que este ano o proxecto de centro está adicado á Fotografía, o alumnado representou fotografías que son verdadeiras iconas na denuncia da violencia e dos conflitos armados, así como a obra dos Fusilamentos do 2 de maio de Francisco de Goya.

Charla de exparlamentarias no CPI da Ribeira

O martes 31 de xaneiro de 2017 o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO do CPI da Ribeira acolleu a tres exparlamentarios galegos, que compartiron con eles o funcionamento do Parlamento de Galicia e algunhas das súas experiencias persoais. Houbo un animado coloquio onde Mª Xosé Porteiro, Olaia Fernández e Pablo Padín conversaron e responderon as cuestións feitas polo noso alumnado.

A nova saiu no Faro de Vigo:

http://www.farodevigo.es/comarcas/2017/02/01/exparlamentarios-ofrecieron...

Visita ás instalacións da Madroa do Celta de Vigo do alumnado do CPI da Ribeira

Dentro das actividades que se están a desenvolver este curso escolar no proxecto de centro "As Olimpíadas", alumnado de Edución Primaria e de 1º da ESO visitaron as instalacións do Celta de Vigo na Madroa, onde puideron asistir a un entrenamento do equipo.

Agradecemos especialmente a cortesía do Real Club Celta de Vigo e, en especial, dos xogadores, que nos acolleron e nos atenderon con dedicación e amabilidade.

Afouteza!

Foto: Faro de Vigo

Distribuir contido


       

BiblioCreativa

by Dr. Radut