Skip to Content

Saída Afundación 5º e 6º EP

O pasado luns día 8 fomos de excursión a Vigo. Afundación, a obra social de Abanca, presentaba a exposición fotográfica de Cristina Mittermeier, titulada Terras de Salitre. A través dela gozamos dun percorrido polas zonas do mundo nas que o ser humano explota os recursos mariños dunha maneira respetuosa e sostible. Cristina decidiu deixar a súa carreira como enxeñeira para converterse nunha defensora dos mares e a biodiversidade a través da fotografía, a mellor ferramenta para conectar emocionalmente co público, promover cambios e defender a Natureza.

 



       

BiblioCreativa

pagina | by Dr. Radut