Encántanos ese tipo de actividades que espertan a curiosidade e a motivación, como no caso das linternas ultravioleta. Neste caso, as nenas e os nenos de primeiro de EP debían procurar palabras escritas con tinta invisible.
Este curso o noso centro está repleto de heroes e heroínas! E non falo soamente dos protagonistas e as protagonistas de Marvel ou DC cómics (como Capitana Marvel, Capitán América ou Wonder Woman), xa que todos e todas vós estades demostrando ser uns e unhas grandes e poderosos/as superheroes e superheroínas! Bravo!