A comunidade educativa do CEIP da Ribeira solidarízase con todos/as os afectados polos incendios acontecidos nestes días, dá o máis sentido pésame as familias das vítimas desta traxedia e mostra o seu apoio aos centros educativos afectados polo lume.
Damos as grazas aos organismos oficiais e aos cidadáns que colaboraron na protección da xente, dos fogares e do medioambiente.
Non queremos esquecernos do sufrimento doutras comunidades e estados que están a sufrir unha traxedia similar á nosa.
Unha aperta.