Skip to Content

Curso 2019/20

Ola rapaces!!!!!!!!!!

Ola nenos e nenas!
Botámosvos tanto de menos...Sabedes unha cousa? démonos conta neste tempo co mellor da vida son cousiñas como: a ledicia,o amor,a solidariedade,a admiración ,a gratitude, os abrazos ,os bicos...e en todo eso sodes vós os mellores maestros...Grazas de parte de tódolos profes por todo o que recibimos cada día!!!!!!
Agora veñen as vacacións de Semana Santa ...asi que non hai máis traballos ata o día 14 de Abril.
Descansade!!!!!!
Os vosos profes.

3º Entrega de Actividades

Xa tedes para facer máis actividades.

Ánimo a todos !!!

Instruccións para descargar AbalarMobil

Estimadas familias:

 

Informámola que debido á extraordinaria situación que estamos a vivir, as notas desta 2º avaliación estarán dipoñibles a partir do venres día 3 de abril a través da aplicación para teléfono móbil “abalarMobil”

A descarga desta aplicación no teléfono móbil faise dende Play Store (si o sistema operativo é Android) ou dende a Apple store (si o sistema operativo é  iOS).

Despois da súa descarga e intalación, o primeiro paso que debe realizar é rexistrarse. Para iso debe introducir o seu número de teléfono móbil e pulsar en “Enviar”. A continuación recibirá unha mensaxe cun código que terá que introducir na pantalla correspondente e presionar en “Enviar código”.

Na seguiente pantalla solicítase un contrasinal, que será a que utilizará para acceder á aplicación. Deberá escribila nos dous recadros e presionar en “Aceptar”.

A continuación, aparecerá unha pantalla na que se indica que o rexistro foi completado correctamente. Para finalizar, soamente é necesario presionar en “Continuar” e acceder a abalarMóbil co contrasinal elexido, para poder visualizar os datos do alumno.

As seguintes veces que se entre na aplicación xa non fará falla facer nada do anterior (entraráse directamente).

Ánimo e máis traballos

Como ides rapaciños !!!!

Botamósvos moito de menos.... pero hai que traballar un pouco, así que  ahí tedes novas tarefas para estes días.

Estamos a vosa disposición para todo o que necesitedes.

Os queremos moito !!!!

Os  profes.

Lembrade: #quedamosnacasa

Novas actividades

Informamos a todas as familias que o vindeiro luns colgaremos nesta páxina web novas actividades.

Ánimo!!!  e lembrade:   #QuedaNaCasa

ACTIVIDADES CUARENTENA

Estimadas familias:

 

     Dada a situación extraordinaria na que se atopa a nosa comunidade e o país en xeral, que ten como consecuencia o peche dos centros, aplicamos o publicado no Real Decreto 463 / 2020 do 14 de marzo que di o seguinte:

"Durante o período de suspensión manteremos as actividades educativas a través das modalidades a distancia e on-line sempre que sexa posible, tendo en conta que nunca serán avaliables".

 

NOTA:  As actividades aparecen á marxe dereita na páxina webb do centro co nome ACTIVIDADES, cada quen que prema no seu curso.

 

O equipo directivo e o todo o equipo docente lembra que é imprescindible quedar na casa para evitar posibles contaxios. ÁNIMO!!!!!!!!

Calendario dinamización marzo

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2020/ 2021

 

IMPORTANTE Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 interrómpense o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

 

PRAZOS:

  • Do 1 ao 20 de marzo: presentación de solicitudes
  • Do 25 de marzo ao 8 de abril (ambos inclusive): Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo, se houbera máis solicitudes que prazas ofertadas
  • Prazo de 10 días hábiles, despois do 25 de marzo: analizada toda a documetación, a dirección do centro podera solicitar documentación complementaria que acredite as circunstancias alegadas)
  • Ata o 24 de abril (inclusive): publicación das listaxes provisionais de admitidos.
  • 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación: prazo de reclamacións ás listaxes provisionais.
  • Ata o 14 de maio (inclusive): publicación das listaxes definitivas de admitidos.
  • 1 mes a partir do seguinte á publicación: prazo de reclamación ás listaxes defintivas
  • Do 20 ao 30 de xuño: formalización da matrícula

DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:

  • Anexo II (solicitude de admisión)
  • Anexo II bis (autorización para comprabación de datos)
  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (fotocopia das follas do libro de familia onde figuren os pais e o alumno solicitante, ou, caso de telo, fotopia do DNI do alumno)
  • Certificado de matricula do curso 2019 / 2020, agás as solicitudes para 4º Infantil (3 anos)
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso
  • Fotocopia do DNI dos proxenitores (no caso de non autorizar a súa consulta telemática)

A solicitude debe presentarse na secretaria do centro de 1º opción ou a traves a aplicación informática "admisión alumnado": https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

LEXISLACIÓN:

  • Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG do 26/12/2012)
  • Orde do 12 de marzo de 2013 Desenvolvemento do proceso de admisión(DOG 15/03/2013)
  • Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 1/02/2017)

PRAZAS VACANTES:

Lembranzas do entroido

Xornada de portas abertas 3 de marzo

Distribuir contido


       

BiblioCreativa

by Dr. Radut