Skip to Content

Curso 2017/18

Curso 2017/2018

O NOSO COLE NO FARO DE VIGO

Primeiro foi no Atlántico e agora no FARO DE VIGO.  A ilusión  é o motor que nos empuxa cada día, o traballo en equipo é o que fai que academos magníficos resultados. NORABOA A TODOS/AS!!!

      

Saída a exposición de esculturas

Os alumnos de terceiro, cuarto, quinto e sexto de Primaria visitaron unha exposición de esculturas na biblioteca municipal de O Porriño. Alí experimentaron outra forma de interactuar coas esculturas a través do tacto, para logo velas. 

 

Participación no pleno do concello

As compañeiras Laura D., Ainhoa, Sergio e Laura G. aisitiron a un pleno celebrado no concello de O Porriño, dentro do proxecto "Cidades amigas da infancia" de Unicef. Tiveron a oportunidade de expór, á alcaldesa e á concelleira, as propostas que todo o alumnado de 5º e 6º acordou, co obxectivo de mellorar a vila.

 

Plantación de carballos e sobreiras

O alumnado de 6º de primaria, para colaborar coa iniciativa "Plantemos un bosque" da CCMM de Matamá, estivo plantando landras de carballo e sobreiras. As árbores que medren, deste pequeno vivieiro, serán levadas á dita CCMM para poder reforestar a zona que sufriu os desoladores incendios do pasado 15 de outubro.

 

Estampacións con follas

Os nenos de 2º de primaria traballan o outono facendo estampacións con follas.

 

Saída artística ó Aceesca

As nenas e nenos de 5º de primaria estivemos no Aceesca realizando diferentes actividades artísticas. Moitas grazas por convidarnos!

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou, xunto cos centros da parroquia de Torneiros, no acto celebrado en contra da violencia de xénero. Leuse un manifesto e poesías onde se puxo de manifesto o rexeitamento a calquera tipo de violencia.

 

VISITA AO PLENO INFANTIL

 

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP de Ribeira partipará no Pleno Infantil do Concello o martes 28 de novembro. Nel farán as súas aportacións para a mellora da súa contorna e presentarán as súas propostas de solución.

 

 

 

 

SAIDA CULTURAL E ARTISTICA

O pasado luns, o alumnado de terceiro e cuarto desfrutaron da obra de teatro "Rubucundo", baseada na obra da autora galega María Canosa. Despois participaron nos talleres de arte de Afundación.

 

EDUCACIÓN EN VALORES

Fai uns días a Policia Local veu ao noso cole a darnos unha charla sobre Educación Vial.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


       

BiblioCreativa

by Dr. Radut