Skip to Content

Curso 2019/20

NON AO ACOSO ESCOLAR !!!

Hoxe sábado, día 2 de maio, é o día internacional contra o Acoso Escolar.

Dende o cole, todos os profes queremos expresar…

NON ao acoso escolar !!!

NON ao bullying !!!

Pincha no enlace, mira os videos que temos preparados para vós e di NON ao Acoso Escolar!

https://view.genial.ly/5eac644f32376f0d7de3e713/interactive-image-imagen-interactiva

 

Calendario dinamización Maio

5ª Entrega de Actividades

Ola novamente. Aquí tedes as actividades para esta semana. Un saúdo e moito ánimo

3anos4anos1ep2ep

3ep4ep5ep6a

Marcapáxinas

Moitas grazas aos nenos/as que enviástedes os marcapáxinas, seguide animándosnos !!!

Pica na imaxe para velos todos...!!!!

Álbum: Curso 2019-20 -> Marcapaxinas

DÍA DO LIBRO

Dado que hoxe, 23 de abril, se conmemora  o día do libro e que o proxecto de centro é a música, ímosche propor unha actividade interdisciplinar para mellorar as túas competencias. Deberás elaborar un marcapáxinas relacionado co proxecto de centro. Nel deberás incluír unha mensaxe en galego que nos anime a ler, que nos faga reflexionar...sempre relacionado coa música. Faille una fotografía e envíaa ao correo do centro (ceip.ribeira.porrino@edu.xunta.es). Subirémolos á web.
Seguro que a túa creación será fantástica.

Tamén  tedes nos vosos cursos no bloque de actividades videos creados polos vosos profes.

Animádevos a velos.

 

Día da muller

No cole fixemos estes 3 videos para celebrar o día da muller: VIDEOS DÍA DA MULLER

Dia da muller 2020

4ª Entrega de actividades

Ola de novo !!!

Aí tendes actividades para ir facendo ata ter unhas instrucións máis precisas.

Un saúdo.

Os profes.

Mentres esperamos....

Botámosvos tanto de menos !!!
Unha aperta chea de bicos por parte de todo o equipo docente deste marabilloso cole... Xa falta menos!
Os ribedinos pasámolo moi ben na casa!

 

Ola de novo !!!

Aquí estamos outra vez.

Despois destas pequenas vacacións, retomamos a actividade educativa.

Estamos á espera de recibir novas instruccións sobre o traballo para a 3ª avaliación. Ao longo desta semana poñeremos novas tarefas segundo as indicacións recibidas.

Mentres tanto podedes botarlle un vistazo ao apartado Obradoiros. (Hai novos retos)

Ánimo !!! xa falta menos para a volta.

Distribuir contido


       

BiblioCreativa

by Dr. Radut