Skip to Content

Curso 2017/18

Curso 2017/2018

NO DÍA DE ROSALÍA....

No día de Rosalía os/as exalumnos/as da ESO viñeron ao noso cole a recitar e cantar uns poemas desta autora. Sempre que podemos organizamos algunha actividade para non perder contacto. Moi pronto iremos nós a velos. Grazas !!! 

TEMOS UNHA VISITA!!!

Esta semana tivemos unha visita moi especial, os/as nenos/as de ACEESCA viñeron ao noso cole. Os/as maís pequenos tivemos moita sorte porque nos trouxeron un agasallo moi rico ( ainda que había por alí un gato malvado que no lo quixo comer , menos mal que o final conseguimos quitarllo ). Sempre é un pracer para nós compartir momentos convosco, VOLTADE PRONTO!!!!

 

Oferta vacantes curso 18/19

VISITA DO CSIC

Fai pouco tivemos unha visita do CSIC para os/as nenos/as de quinto e sexto de primaria. O alumnado aprendeu o proceso de cultivo en vitro de especies leñosas. Unha vez rematada a actividade cada neno/a levou un agasallo que consistía nun minibosque para cuidar e poñer en práctica os coñecementos adquiridos.

 

AS NOSAS PORTAS SEMPRE ESTÁN ABERTAS.

Aínda que nós sempre estamos dispostos a recibir ás familias e ao alumnado, celebraremos xornadas de portas abertas o xoves 1 de marzo: de 10 a 12 e de 16:30 a 17:30 horas

Esperámolos para coñecer o noso centro.

GOSPEL VIDA

                         

Fai uns días viñeron ao noso cole e fixeron do 30 de Xaneiro un día máxico para os/as nosos/as nenos/as , cheo de música, ledicia e enerxía. Grazas Gospel Vida !!! 

 

                   

PROA

Familias!

Que é o PROA?  Programa de Reforzo, Orientación e Apoio. É unha iniciativa de innovación educativa para favorecer a mellora da calidade do ensinoCon esta actuación preténdese mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades, a través do traballo ou apoio organizado para a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias.

Horario: Recordámosvos que as sesións de PROA, para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, son os luns e os xoves, de 15:30 a 17:30.

Esperámosvos!

XA CHEGA O ENTROIDO

Ás 11 do vindeiro venres,  día 9 de febreiro, realizaremos o gran desfile de entroido polo polígono de Torneiros.

Participaremos xunto co CEIP Antonio Palacios, a escola infantil "A Galiña Azul"  e a escola unitaria de Mosende.

Ao remate poderán disfrutar do concurso de coplas e de sobremesas.

Se a chuvia nos impedira saír celebrariámolo no pavillón.

Están todos/as convidados/as!

Palabras en galego

Chegou o Nadal!!! e con él a hora de adornar o centro. Unha das actividades que fixemos foi unha árbore conxunta coas nosas mans, a cal convidámosvos a visitar. Pero non só iso, en cada man escribimos unha palabra que representa para nós esta época do ano. Xuntamos tódalas palabras e...velaquí o resultado!

 

 

VISITA DO CSIC

O  venres tivemos unha visita do CSIC na que aprendemos cousas moi interesantes relacionadas coa investigación e a natureza.

 

Distribuir contido


       

BiblioCreativa

by Dr. Radut