Skip to Content

Curso 2014/15

APRENDIZAXE SERVIZO ENTRE 4º DE ESO E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 
O alumnado de 5º de Primaria queremos darlle as grazas aos compañeir@s de 4º de ESO e a súa profesora de bioloxía,  polo esforzo realizado para sumerxirnos no mundo das células.

            A principal meta da educación é crear homes e mulleres capaces de facer cousas novas e non simplemente de repetir o que fixeron outras xeracións: homes e mulleres creadores, inventores e descubridores. A segunda meta da educación é formar mentes que poidan ser críticas, que poidan verificar e non aceptar todo o que se lles ofrece.”

                                                                                                                                                                                                                                           Jean Piaget

AS MOCHILAS VIAXEIRAS VAN EN CAMIÑO!

 

As mochilas viaxeiras emprenden o seu camiño cara ós vosos fogares.

Conteñen material diverso para toda a familia ( contos para nen@s, libros de cociña, revistas de animais, libros de aventuras, algúns xogos educativos...).

Ademais levan un caderno onde poderedes anotar as vosas opinións e tamén facer as vosas creacións: debuxos, citas literarias, poemas propios....

QUEREMOS QUE NOS SORPRENDADES!

Xa sabedes que este ano o proxecto de centro é “O camiño de Santiago” e por iso vai material relacionado. Esperamos que vos guste.

 

 

TEMPO DE SAMAÍN

Chega o outono ao CPI da RIbeira, e con el as cabazas, os esqueletes, os morcegos, as bruxas... é o Tempo do Samaín.. se queredes pasalo de medo non deixedes de ver como o celebramos no noso centro.

O alumnado de 6º de Educación Primaria e o de 1º de ESO  tivo a sorte de participar nun taller de referente a esta conmemoración. Pasárono moi ben mentres se levaba a cabo...e tamén despois, porque ...quedaron terroríficos.

En Educación Infantil disfrazaronse e probaron un delicioso menú de cabaza.

Dende o Centro e en especial o Equipo de Dinamización da Lingua  queremos dar as grazas ás familias pola altísima participación no concurso de CABAZAS DE SAMAÍN.
¡Foi tarefa moi difícil elixir a gañadora!.
Aqui vos queda unha pequena mostra de todas as cousas que se fixeron.

Reunión familias. Inicio curso 2014-15

 

Iniciado o curso académico 2014-2015, desde o CPI da Ribeira aproveitamos para convidar a todas as nais/pais/titores legais  a unha xuntanza , que terá lugar na Biblioteca do noso centro o próximo martes día 30 de setembro,

Educación Infantil e Educación Primaria: ás 16:30 h.

Educación Secundaria: ás 18:00 h.

Contaremos coa presenza dos membros do equipo directivo e do departamento de Orientación do CPI da Ribeira, e posteriormente cada titora reunirase coas familias na correspondente aula do grupo onde está matriculado o seu fillo/a.

A dirección

 

 

BENVIDOS

      Queremos expresar un agarimoso saúdo de benvida a todas as familias, ó profesorado, alumnado e ó persoal non docente do CPI da Ribeira, ó curso 2014-2015.

   Queremos acadar os obxectivos que nos propoñamos, non só nos aprendizaxes académicos senón tamén na trasmisións de valores, principios humanos e éticos.

   Co noso compromiso, pedímoslle as familias a súa colaboración.

Distribuir contido


       

BiblioCreativa

by Dr. Radut