Skip to Content

Curso 2015/16

SORTEO DA BICICLETA PARA AS VIAXES DE FIN DE CURSO

NÚMERO AGRACIADO O 226.

Pincha no enlace e visualizarás o vídeo do sorteo.

 

Actividades de abril

Ola, familias:

Como ben sabedes estamos no mes libro. Con tal motivo deseñamos unhas actividades onde o alumnado participará activamente. Deste xeito, o 21 de abril terá lugar un Obradoiro de Dobraxe cinematográfica para o alumnado de Educación Primaria.

O 22 de abril terá lugar o Apadriñamento Lector do alumnado de Educación Infantil e 1º de EP por parte do alumnado da ESO.

Ademais, o 8 de abril organizamos un obradoiro de instrumentos musicais para o alumnado de 3º e 4º da ESO.

Como vedes, temos unha entrada na primavera moi animada.

Ah! Para rematar participaremos nunha actividade do Concello do Porriño, elaborando un maio. Este será exposto na Praza do Concello a partir do 3 de maio.

Deportistas no CPI da Ribeira

Como xa aconteceu no primeiro tremestre, na última semana do segundo contamos coas visitas de célebres deportistas, que tiveron a amabilidade de compartir o seu tempo co alumnado do noso centro. Grazas a José García (Covelo), exfutbolista profesional, e David Morais, mestre nacional de xudo.4

Facemos Rosquillas

Os/as nenos e nenas de Educaciòn Infantil foron de excursiòn a Ponteareas, alí  pasaron a mañá facendo rosquillas.

Disfrutaron moito escoitando as explicaciòns e participando na elaboraciòn destes ricos doces

Ò rematar comemos rosquillas e @s nen@s  saíron todos contentos cun agasallo de rechupeta.

   GRACIAS  REGINO!!!!

Cando saímos da panadería había que queimar todas esas calorías , así que fomos  a xogar ò parque da Canuda.

Foi un día xenial!!!

Excursión Educación Infantil

Visita Olímpica

Este xoves 17 de decembro, ás 12:30 h., contamos coa presenza de Enrique Míguez Gómez, medallista olímpico nos Xogos Olímpicos de 1984 na modalidade de piragüísmo.

Esta actividade forma parte do proxecto de centro: As Olimpíadas no CPI da Ribeira.

Visita Olímpica

VERÓNICA ACUÑA, EXXOGADORA DE 1ª DIVISIÓN E DA SELECCIÓN DE BALONMAN VISITA O NOSO CENTRO

Verónica Acuña, ante todo antiga alumna do Centro e  veciña de Torneiros, visitounos dentro do programa de actividades relacionadas co proxecto de centro organizadas para o Nadal.

Na súa excelente presentación do deporte e da súa carreira deportiva, achegou ao alumnado de Educación Primaria o balonmán, os valores do deporte, experiencias propias, os esforzos que conleva, agasallos...pero ante todo a ilusión por acadar os soños personais.

Moitas grazas por todo o que nos transmitiches.

 

 

 

 

 

 

 

 

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

TEMPO DE SAMAÍN

Chega o outono ao CPI da RIbeira, e con el as cabazas, os esqueletes, os morcegos, as bruxas... é o Tempo do Samaín.. se queredes pasalo de medo non deixedes de ver como o celebramos no noso centro.

 Dende o Centro  queremos dar as grazas ás familias pola altísima participación no concurso de CABAZAS DE SAMAÍN.

O COMEDOR ESCOLAR XA FUNCIONA

O servizo de comedor escolar xa está a funcionar no noso centro. Satisfácese así unha demanda reiterada de toda a comunidade educativa do CPI da Ribeira, e que se puido concretar neste mes de outubro, grazas ao esforzo da ANPA, do propio centro e, do goberno municipal do Porriño, en especial da alcaldesa, Eva García de la Torre, que asumiu esta demanda como prioritaria, comprometéndose á financiación deste servizo do comedor escolar.

O servizo do comedor escolar cotribúe á mellora da conciliación familiar e laboral, supón un importante apoio económico ás familias. Por outra banda, equilibra os servizos ofertados polos centros zona e, fundamentalmente, asegura unha comida diaria e de calidade ao noso alumnado.

Grazas a tod@s polo voso esforzo.

A alcaldesa do Porriño no CPI da Ribeira.

                                                                             Foto de Faro de Vigo

Distribuir contido


       

BiblioCreativa

by Dr. Radut