Skip to Content

Curso 2017/18

Curso 2017/2018

XORNADAS DE CLUB DE BALONCESTO DO PORRIÑO

SEGUIMOS TRIUNFANDO

A alumna Sofía B. R., alumna de 6º de Educación Primaria, gañou o concurso de relatos curtos organizado polo CSIC e recibiu este magnifico premio. Noraboa!

 

Listaxe definitivol admitidos curso 2018/2019

Está publicado no taboleiro do centro a listaxe definitiva do novo alumnado admitido para o curso 2018/19

CONCURSO DE RELATOS CURTOS

Temos unha finalista no concurso de relatos curtos organizado pola FANPA: Laura R. L. do grupo de sexto de Educación Primaria. Noraboa!

O seu relato será publicado, xunto aos  dos demais finalistas, nun libro.

REBUMBIO MATEMÁTICO

Este equipo de matemáticas de sexto de Educación Primaria está representándonos no Rebumbio.

Listaxe provisional admitidos curso 2018/2019

Están publicados no taboleiro de anuncios do centro as listas provisionais de admitidos/as para o curso 2018/2019

Certigo Crecer Contigo

Certigo Crecer Contigo veu ao noso cole a impartir o taller " o meu amigo ten autismo". 

           

Mulleres na ciencia e na arte

Nestes días celebramos ao grande o día da muller. O alumnado representou a vida de mulleres de diferentes épocas que destacaron e/ou destacan como científicas, matemáticas ou artístas. Unha das representacións realizouse no IES Ribeira do Louro e outra no CEIP  da Ribeira.

No vídeo comprobaredes que temos alumnado con moitísimo potencial que vai acadar as metas que se propoña.

 

 

Os tradicionais ovos de chocolate

Os nenos/as de Educación Infantil divertíronse na procura dos ovos de chocolate que os nenos/as de Primaria esconderon. Moitas grazas aos nenos de 5º pola súa colaboración.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Esta semana fixemos unha serie de actividades con motivo do Día Internacional da Muller  e da Semana da Prensa.

    

  DÍA INTERNACIONAL DA MULLER                           SEMANA DA PRENSA

Distribuir contido


       

BiblioCreativa

by Dr. Radut