Novas

COMEZO DAS CLASES NA E.S.O.

16/09/2013 00:40
16/09/2013 10:30
Etc/GMT+1

INICIO DO CURSO 2013/2014

O luns, 16 de setembro de 2013, comezarán as clases para o alumnado de E.S.O.

O horario do primeiro día será dende as 08:40 ata as 10:30 horas, con servizo de transporte á entrada e á saída.

Ese día será a presentación do curso escolar 2013/2014 para o alumnado de ESO. Cada curso estará co titor ou titora que lle corresponda en cada clase, onde se lles informará dos horarios, profesorado a impartir as diferentes materias e se lles lembrarán as normas de convivencia e outras noticias relacionadas co desenvolvemento do curso.



O martes 17 de setembro retomaremos o horario normal do centro:

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

08:40 a 14:20

08:40 a 14:20

16:00 a 17:40

08:40 a 14:20

08:40 a 14:20

08:40 a 14:20



 

MULLERES CIENTÍFICAS

AGORA QUE SE ACHEGA O DÍA DA MULLER, QUEREMOS LEMBRAR ÁS MULLERES GAÑADORAS DE PREMIOS NÓBEL, CON AXUDA DA WIKIPEDIA:

http://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Mujeres_ganadoras_del_Premio_Nobel

 

Na Facultade de Ciencias de Ourense, Ada Yonath (Jerusalén22 de junio de 1939), premio Nóbel de Química no ano 2009) dará unha conferencia moi interesante o próximo 12 de Marzo de 2013, titulada: Os froitos da curiosidade

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/02/27/premio-nobel-quimica-visitara-campus-ourense/0003_20130220130227131815719.htm

Esta conferencia será no salón de actos Marie Curie do edificio Politécnico e estará aberta ao público en xeral


IMAXES DA VISITA AOS MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES DO ALUMNADO DE ESO

O día 14 de febreiro realizamos unha visita aos museos científicos de A Coruña.

Participaron 132 estudantes de ESO e 8 docentes.

Todo saiu ben. Queremos agradecer ao alumnado o bo comportamento demostrado e a participación activa que amosaron e pensamos que o resultado pódese considerar moi positivo para todos.

Pódense ollar algunhas fotografías da viaxe na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipribadavia/galeria/displayimage.php?album=5&pos=0

VIAXE A A CORUÑA: VISITA AOS MUSEOS CIENTÍFICOS

O DÍA 14 DE FEBREIRO O ALUMNADO DE 5º E DE 6º DE PRIMARIA E DE 1º, 2º, 3º E 4º DE E.S.O., VISITARÁN OS MUSEOS CIENTÍFICOS DE A CORUÑA:

O AQUARIUM FINISTERRAE

A DOMUS

A CASA DAS CIENCIAS

O XANTAR REALIZARASE NA DOMUS POLO QUE DEBERÁN LEVAR A COMIDA.

A SAÍDA SERÁ ÁS 8:45 HORAS DA MAÑÁ E A CHEGADA A RIBADAVIA ENTRE AS 19:30 E AS 20:00 HORAS


Ver Museos Científicos de A Coruña en un mapa más grande

 

https://maps.google.com/maps/ms?msid=208575448072576730984.0004d58a8d115...

LIGAZÓNS RELACIONADAS COA COMPETENCIA DE APRENDER A APRENDER

Unha páxina con moitos recursos relacionados coas estratexias para mellorar o estudo
http://ntic.educacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2006/aprender_estudiar/index2.html

Páxina dedicada ás Técnicas de Estudo, memoria, creatividade, etc.
http://www.elartedelamemoria.org/

PRESENTACIÓN DA REUNIÓN COAS FAMILIAS O 23_10_2012

NO ARQUIVO ADXUNTO APARECE A PRESENTACIÓN QUE SE AMOSOU NA REUNIÓN COAS FAMILIAS O PASADO DÍA 23 DE OUTUBRO DE 2012, NA BIBLIOTECA DO CPI:

Distribuir contido

Calendario

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Polos creativos

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Bibliotecas escolares de Galicia

Proxectos de innovación educativa