Taboleiro

ESCOLARIZACIÓN e ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2014/2015

 

ESCOLARIZACIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2014/2015 

PRAZOS 

1.     

Reserva de praza no centro de orixe: 1 – 15 de febreiro. 

 

2.     

Presentación da solicitude de admisión: 1- 20 de marzo. 

 

3.     

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.

 

4.     

Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño – 10 de xullo.

 

5.     

Prazo extraordinario de formalización de matrícula ne ESO e bacharelato: 1- 10 de setembro. 

 

ACCESO AOS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS E AUTORIZACIÓN DE UTILIZACIÓN DE DATOS DE IDENTIDADE PERSOAL, DE VERIFICAICÓN DE RESIDENCIA E DE INFORMACIÓN TRIBUTARIA

 

1- As nais, pais ou representantes legais do alumnado que, de acordo co disposto nesta orde, presenten solicitude de admisión ou formalicen a matrícula, deberán indicar expresamente nestas se solicitan o uso dos servizos complementarios de comedor e/ou transporte escolar.

 

2- Para os únicos efectos de acceder aos ditos servizos, as persoas interesadas autorizarán expresamente a utilización dos datos de identidade persoal e de residencia, que serán subministrados directamente a esta consellería polos respectivos Sistemas de Verificación de Datos de Identidade e Residencia do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Así mesmo, autorizarán a utilización da información tributaria que se precise, que será subministrada directamente a esta consellería pola Axencia Estatal de Administración Tributaria. 

 

Pódese acceder á información detallada no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/web/node/11615 

           

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2013-2014

Publícase a Resolución do 23 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao curso 2013/14.

  • A avaliación de diagnóstico correspondente ao curso 2013/14 terá lugar os días 27 e 28 de maio de 2014 para cuarto curso de educa­ción primaria e os días 3 e 4 de xuño de 2014 para segundo curso de educación secundaria obrigatoria.

 

IMAXES DA VISITA AOS MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES DO ALUMNADO DE ESO

O día 14 de febreiro realizamos unha visita aos museos científicos de A Coruña.

Participaron 132 estudantes de ESO e 8 docentes.

Todo saiu ben. Queremos agradecer ao alumnado o bo comportamento demostrado e a participación activa que amosaron e pensamos que o resultado pódese considerar moi positivo para todos.

Pódense ollar algunhas fotografías da viaxe na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipribadavia/galeria/displayimage.php?album=5&pos=0

ALUMNO DO NOSO CENTRO PREMIADO NUN CERTAME LITERARIO

O alumno de 4º da ESO, Abraham Carreira Groba, resultou gañador no V CERTAME LITERARIO DE RELATO CURTO CARLOS CANEIRO 2012.

Parabéns, Abraham, e grazas por compartilo con nós.

Para ver algunha foto do evento e ler o relato premiado, premede na ligazón que segue:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipribadavia/system/files/V+PREMIO+CERTAME+LITERARIO+ABRAHAM+CARREIRA.pdf

A continuación aparece unha narración do relato feita polo autor:

http://www.youtube.com/watch?v=ZHL7C-AqQ6Q

Benvidos á nosa páxina web

 

 

Distribuir contido

Calendario

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Polos creativos

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Bibliotecas escolares de Galicia

Proxectos de innovación educativa