ConcentraciónConcentración

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2020/2021 (SÓ alumnado de nova incorporación ao centro)

 

- PRAZO:

DO 1 ao 20 de marzo -2020 : na sede dixital

DO 1 ao 23 de marzo – 2020:se a solicitude é presencial no centro educativo, dado que o 20 de marzo neste centro está AUTORIZADO como NON LECTIVO por Inspección Educativa.

- SOLICITUDE:

Pode presentarse de calquera destes tres xeitos:

1- Na secretaría do centro (situada no edificio da Concentración) daráselle  o modelo que deben cubrir (anexo II – Código de Procedemento ED550B).

2- Descargala da web do centro. Clicade para acceder ao documento de ADMISIÓN.

3- Presentala en SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA.

https://sede.xunta.gal/portada?langId=es_ES

*MOI IMPORTANTE  RESPECTAR O PRAZO ESTABLECIDO.

 

 

DESFILE ENTROIDO 2020

Xa estamos no Entroido e os do CEIP de Ribadavia non queremos perder tal festa! Así que vos convidamos a festexalo con nós o Venres 21, cun desfile dende a concentración ata a Alameda, onde disfrutaremos cuns bailes preparados polo nenos e nenas do cole.

 

ESCOLARIZACIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

ESCOLARIZACIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

 

 

Do 1 ao 15 de febreiro

Reserva de praza para o centro adscrito

Do 1 ao 20 de marzo

Prazo de presentación solicitudes de ADMISIÓN (alumnado de novo ingreso)

Antes do 25 de abril

Publicación listaxes provisionais

5 días hábiles

Período de reclamacións as listaxes provisionais: 5 días hábiles a partir do día da súa publicación

Antes do 15 de maio

Publicación listaxes definitivas

Prazo de 1 mes

Período reclamacións listaxes definitivas: 1 mes a partir do día da súa publicación.

Do 20 ao 30 de xuño

Formalización da MATRÍCULA

Documentos necesarios:

-3 fotos tamaño carnet

-Fotocopia cartilla Seguridade Social

-Fotocopia do libro de vacinas.

 

Menú FEBREIRO

 

Clicade aquí para ver o menú

ENGLISH WEEK

Durante a semana do 8 ao 14 de Decembro, os alumnos e alumnas de 6º estiveron na English Week nos Peares.

Se queredes ver o ben que o pasaron preme aquí.

Menú XANEIRO

Clicade aquí para ver o menú

Menú DECEMBRO

Clicade aquí para ver o menú

AVISO IMPORTANTE

O vindeiro Luns, día 11 de Novembro NON haberá clase, por ser un dos días elexidos polo centro, aprobado no Consello Escolar e autorizado por Inspección Educativa.

 

Menú NOVEMBRO

 

Clicade aquí para ver o menú

DÍAS NON LECTIVOS

DÍAS NON LECTIVOS DO CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA

CURSO 2019-2020

 

Segundo a ORDE do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/20 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia; no seu artigo 7 punto 2. O CEIP Plurilingüe de Ribadavia  elixiu como días non lectivos e estes foron aprobados pola Inspección educativa:

O 11 de novembro de 2019. 

O 20 de marzo de 2020. 

 

Así mesmo, os períodos de vacación son:

1. Nadal: desde o día 21 de decembro de 2019 ata o día 7 de xaneiro de 2020, ambos inclusive.

2. Entroido: días 24, 25 e 26 de febreiro de 2020.

3. Semana Santa: desde o día 4 ata o 13 de abril de 2020, ambos inclusive.

Ademais dos anteriores, sen prexuízo do establecido no artigo 8.3 da citada ORDE e co fin de unificar a celebración dos patróns de cada nivel educativo, establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2019/20 se celebrará o 31 de outubro de 2019.

Outros días festivos: 1 de novembro e 6 de decembro de 2019, 19 de marzo e 1 de maio de 2020.

Distribuir contido

Calendario

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Polos creativos

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Bibliotecas escolares de Galicia

Proxectos de innovación educativa