SAMAÍN

OULIÑA informa...

Ola nen@s:

Pola celebración do Samaín os equipos de Extraescolares, Normalización da lingua galega e Biblioteca, propuxéronme unha actividade que me pareceu moi interesante para vós:

Co gallo de fomentar as relacións interpersoais entre as diferentes xeracións e poñer en valor as lendas de tradición oral.

 

Pídovos que lle preguntedes aos vosos maiores (avós/as, tíos/as, veciños/as, pais /nais...) que vos conten algunha lenda sobre as mouras, meigas, santa compaña ou algo relacionado con este mundo fantástico.

Mentres volo están contando (lembrade que ten que ser en lingua galega)  teredes que gravalo co móbil en HORIZONTAL e logo envialo ao seguinte correo electrónico:

                         mabecampo@gmail.com

 

 

Moitas grazas pola vosa colaboración. 

Calendario

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Polos creativos

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Bibliotecas escolares de Galicia

Proxectos de innovación educativa