ÚLTIMAS NOVAS
Enviado por tati_novoa o Sáb, 05/09/2020 - 20:39
A dirección do centro informa:
Segundo as últimas instruccións recibidas, desautorízanse as reunións presenciais de familias no centro educativo, polo que nos vemos na obriga de anular as reunións convocadas para o vindeiro luns.
A maiores da información de obrigada lectura exposta no protocolo COVID dispoñíbel na páxina web do centro daráselle, por este mesmo medio, instruccións detalladas ás familias con alumnado en Educación Infantil.