CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

De conformidade co establecido na Resolución do 26 de setembro de 2016 (DOG do 4 de outubro), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e supervisión do procedemento de eleccións dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da XUNTA ELECTORAL que se constituirá ao efecto, integrada por:

    • O director do centro.

    • Un profesor/a.

    • Un pai ou nai ou titor legal.

    • Un representante do persoal de administración e servizos.

    • Un alumno/a de ESO

 

Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, rectado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Este sorteo, que será público e no se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste centro o próximo día 28 de outubro, venres, ás 12:00h na sala de profesorado.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas CONVOCATORIAS que proximamente ser farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

Ourense, 26 de outubro de 2016 . A DIRECCIÓN,

Calendario

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Polos creativos

Equipos de Dinamización da Lingua Galega

Bibliotecas escolares de Galicia

Proxectos de innovación educativa