Skip to Content

AXUDA PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-2025

A Orde do 7 de maio de 2024 polo que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024-25 (códigos de procedemento ED330B) recolle os seguintes aspectos:

 

Beneficiarios/as de: Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

Libros de texto

- Fondo solidario de libros texto do alumnado matriculado en 3º, 4º,5º e 6º de Educación Primaria (no caso do noso centro educativo, tal e como se recolle  no PE, prescindiremos de libros de texto no 2º ciclo de EP e en 5º e 6º teñen E-Dixgal).

- Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en Educación Especial (EE), así como axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.  (no caso do noso centro educativo, tal e como se recolle  no PE, prescindiremos de libros de texto no 1º ciclo de EP)

Material

- Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP e EE.

 

Prazo de solicitude: Do 21 de maio ao 21 de xuño (ambos incluídos). O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2025.

 

Forma de presentación:

- Sede Electrónica

- No propio centro educativo

 

Débese presentar:

- Impresos de solicitude (Anexos I e II) (hai que traer os dous cubertos e asinados)

- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

- En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán aportar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

 

descrición imaxe



novas | by Dr. Radut