tel: 881 961 083 / email: ceip.riadoburgo@edu.xunta.gal
tel: 881 961 083 / email: ceip.riadoburgo@edu.xunta.gal
ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025
Todo o alumnado que solicitou praza para 4º de EI obtivo praza neste centro educativo.
A praza solicitada para 1º de EP, tamén foi admitida.
As solicitudes de 6º de EI, 2º de EP e 4º de EP, deben quedar á espera da resolución de inspección educativa, xa que no centro non temos prazas vacantes.
NO TABOLEIRO DO CENTRO ESTÁN EXPOSTAS AS LISTAS CON TODA A INFORMACIÓN.
Lexislación
Prazo: entre o 1 e o 20 de marzo de 2024, ambos inclusive.
A solicitude de admisión farase preferiblemente por sede electrónica (modelo ED550B e ED550B-bis), tamén poderá ser entregada a documentación no centro educativo de 10 a 13 h.
Documentación a Anexar
-
Fotocopia do DNI ou NIE da unidade familiar (O pasaporte só valerá no caso de non existir NIE)
-
Fotocopia do Libro de familia.
-
Certificado do Padrón colectivo.
-
Calquera outra documentación que puntúe nos criterios de admisión, do artigo 13 da Orde do 21 de outubro.
A listaxe provisional de admitidos será o 25 de abril, despois comezan os 5 días hábiles para reclamacións, para sair finalmente a listaxe definitiva o 15 de maio.
Formalización de matrícula
Prazo :do 20 ao 30 de xuño no centro da praza adxudicada.
Documentación a presentar:
(No caso de ter presentada algunha desta documentación no proceso de admisión, non fará falta volver a presentala)
- Impreso de matrícula debidamente cumplimentado
- 3 fotografías do alumno/a (tamaño carnet)
- DNI do alumno/a (no caso de telo) e dos seus titores/as legais.
- Libro de familia (orixinal e copia de todas as páxinas escritas)
- Tarxeta sanitaria do alumno/a (orixinal e copia)
- Certificado médico de non padecer enfermidades infecto-contaxiosas.
- Libro de vacinas actualizado (orixinal e copia).
- Nos casos de separación legal dos titores/as legais do alumno/a, orixinal e copia da resolución xudicial.
- Nos casos de solicitude de praza de comedor, debe quedar indicado no impreso da matrícula e traer a documentación correspondente para a solicitude. Os criterios para a adxudicación de novas prazas quedan recollidos na Orde do 21 de febreiro do 2007, no seu artigo 7.5. Deberase indicar a frecuencia solicitada para tal servizo no impreso correspondente
Prazas dispoñibles para o curso 2024-2025 a data 1 de marzo do 2024
4º de Educación infantil: 40 prazas
5º de Educación infantil: 1 prazas
1º de Educación Primaria: 4 prazas
Iconas cortesía de Flaticon
Imaxes cortesía de Freepik
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |