Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024 - PERÍODO DE MATRÍCULA

O PRAZO DE MATRÍCULA PARA ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN SERÁ DO 20 AO 30 DE XUÑO, AMBOS INCLUSIVE.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA

  • Impreso de matrícula debidamente cumplimentado. Facilitarase no centro e está dispoñible na web facendo clic AQUÍ.
  • 3 fotografías tamaño carné do alumno/a.
  • DNI do alumno (se o ten) e dos pais (orixinais e fotocopias de todos).
  • Libro de familia (orixinal e fotocopias de todas as páxinas escritas).
  • Tarxeta sanitaria do alumno/a (orixinal e fotocopia).
  • Certificado médico do neno/a de non padecer enfermidades infecto-contaxiosas.
  • Copia do boletín de vacinas do alumno/a.
  • Separación legal dos pais (de existir). Orixinal e fotocopias da resolución xudicial.

 IMPORTANTE: Se parte da documentación anteriormente citada xa foi entregada no proceso de admisión, non é preciso volver traela (só haberá que traer aquela que non se entregou).

SOLICITANTES DE PRAZA DE COMEDOR ESCOLAR:

No momento de formalizar a matrícula haberá que indicar no impreso de matrícula (que tendes nesta web no primeiro apartado da documentación a presentar) se o alumno/a vai solicitar o servizo de comedor, e traerán a documentación correspondente para dita solicitude.

Os criterios para a adxudicación de prazas novas de comedor son os seguintes (criterios de adxudicación establecidos na Orde do 21 de febreiro de 2007, publicada no DOG do 5 de marzo de 2007):

  • Alumnado que xa fora usuario de comedor no curso 2022-23 (e fixo a solicitude de renovación en prazo).
  • Situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos e culturais (para o que haberá que presentar o informe dos Servizos Sociais competentes que acredite as circunstancias alegadas).
  • Discapacidade do alumno/a igual ou superior ao 33% (orixinal e fotocopia do documento acreditativo).
  • Familia numerosa (orixinal e fotocopia do documento acreditativo).
  • Alumnado fillo/a de pais e nais traballadores (os dous) con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía (certificación das empresas nas que traballa nas que conste expresamente o horario laboral e a incompatibilidade do mesmo co horario de saída do centro).
  • Resto de alumnado (en caso de haber praza).
descrición imaxe



novas | by Dr. Radut