Skip to Content

Charla para familias. HITOS

Para poder seguir a charla online, preme no seguinte enlace:

https://meet.google.com/nsg-ashz-xgg

 

Estimadas familias:

Continuando coa dinámica que iniciamos o mes pasado de ofrecer charlas sobre temas que poden resultar do voso interese, queremos comunicar que o próximo luns, 23 de maio ás 18:30h., o Centro de Terapia Infantil y Atención Temprana HITOS, ofrecerá unha charla de balde sobre a Base das Dificultades Escolares. 

Por petición do centro, para poder acudir a esta charla será necesario comunicar ao centro a asistencia enviando un email ao centro ceip.riadoburgo@edu.xunta.gal indicando as persoas que asistirán á charla. 

A integración sensorial e a súa relación coa aprendizaxe.

Falemos de...

  • Lectura/ escritura
    • Letras e números invertidos
    • Perderse lendo
    • Mala letra e agarre do lapis
  • Dificultades en atención e distraccións
    • Permanecer sentado
    • Manter a postura
  • Nenos moi movidos ou nenos moi parados
  • Rexeitamento a ir ao colexio
  • Enfados esaxerados e constantes
  • ...
descrición imaxe



novas | by Dr. Radut