Skip to Content

Búscase mascota para o cole

Dende o equipo de biblioteca queremos buscar unha mascota para o colexio. Para iso lanzamos este chamamento para que deseñedes unha mascota e lle poñades nome. Se vos interesa falade coa vosa titora como facer. Basicamente tendes que presentar un debuxo nun folio A4 co voso deseño e poñerlle tamén un nome. Entregádello á titora. Tendes de prazo ata o venres, 5 de febreiro. Animádevos a participar!!

descrición imaxe



novas | by Dr. Radut