Skip to Content

Mus-e

O Programa MUS-E® iníciase en España en febreiro de 1996, cuando se suscribe o convenio entre o Ministerio de Educación y Ciencia, a Fundación Internacional Yehudi Menuhin e o propio Maestro Menuhin, iniciándose a colaboración para a aprendizaxe e a práctica artística como fonte de equilibrio e tolerancia. É un proxecto de intervención educativa a través da Arte, que parte da utilización das artes como ferramenta para o traballo nos centros educativos e contempla o desenvolvemento da intelixencia emocional, como fonte que pretende fomentar a cohesión social e loitar contra a posible exclusión de nenos e nenas que viven en ambientes desfavorecidos. É un Programa a través da Arte que xunta distintas facetas de traballo: artística, social, cultural e educativa, resultando unha ferramienta útil segundo avala a avaliación externa realizada.

O MUS-E® face fincapé na importancia do diálogo e a interacción así como o desenvolvemento da creatividade e a imaxinación na práctica educativa para a mellora das aprendizaxes, a autoafirmación dos menores, a mellora da súa autoestima e o fomento nos usuarios do emprendemento e a iniciativa a través da creatividade.

O noso centro uniuse a esta iniciativa no curso 16/17 sendo o primeiro en facelo na etapa de infantil. Actualmente contamos con artistas das disciplinas de teatro e danza, impartíndose nos niveis de 5º e 6º de infantil e 1º e 2º de primaria.

 

Visita a web de FYME 

descrición imaxe



novas | by Dr. Radut