Skip to Content

Contratos Programa

A iniciativa de contratos-programa trata de constituír un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, poidan desenvolver un plan de mellora no que se poida, en función das necesidades detectadas e do proxecto educativo, potenciar, de forma prioritaria, o desenvolvemento das competencias clave, mellorar a convivencia, reducir as taxas de abandono escolar temperán, promover a igualdade de xénero e a inclusión, mellorar a competencia socioemocional, afondar no logro da excelencia educativa, promover a actividade física, así como proporcionar atención educativa para a compensación de desigualdades na educación.

Os centros docentes, para lograr a equidade e a excelencia na educación, deben desenvolver as capacidades de todo o alumnado conforme as súas posibilidades e circunstancias e, para iso, teñen que organizarse de xeito diferenciado, planificando os seus recursos e desenvolvendo as actuacións necesarias para o logro duns obxectivos concretos nun período de tempo determinado.

O noso centro forma parte deste programa dende o curso 17/18

descrición imaxe



novas | by Dr. Radut