FONDO SOLIDARIO CURSO 2023/24

Segundo a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24, queda aberto o prazo de presentación de solicitudes para os seguintes casos:

  • Fondo Solidario de libros de texto: alumnado de 3º e 4º de Primaria.
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado de 1º e 2º de Primaria.
  • Axudas para material escolar: todo o alumnado de Primaria. 

FORMAS DE PRESENTACIÓN:

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, empregando para tal fin os formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros).

  • Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal).

  • Poderá presentarse a solicitude de xeito manual e entregala no centro ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común. Non vos esquezades de asinala. 

 

HORARIO E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES NO CENTRO.

O horario será de 9:30 a 10:20 e de 13:40h a 14:30h de martes a venres.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (dende o 22 de maio)  e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

INFORMACIÓN IMPORTANTE.

Deberedes de achegar coa solicitude (adxunta) a seguinte documentación:

  • Anexos I e II.

  • Para os proxenitores que estean separados, terán que presentar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador.

Se tedes algunha dúbida podedes chamar á secretaría do centro.

 

AnexoTamaño
ANEXOS.pdf1.61 MB