Formalización matrícula curso 2022/23
Enviado por Fany o Mar, 07/06/2022 - 13:23
Infórmase de que o día 20 de xuño comeza o prazo para a formalización da matrícula para o vindeiro curso 2022-23.
A documentación que debedes achegar para formalizar a matrícula é a seguinte:
- Anexo III (adxúntase ao final da publicación).
- Certificado médico (expedido polo médico de cabeceira ou pediatra).
- Copia do libro de familia.
- DNI dos pais e do alumno/a (si o ten).
- Unha fotografía tamaño carné.
- Volante de empadroamento conxunto no que aparezan todos os membros da unidade familiar que convivan no domicilio do alumno/a.
- Copia da tarxeta sanitaria.
Estes impresos deberán entregarse na secretaría do centro en horario de 10:00 a 14:00 antes do 30 de xuño.
Moitas grazas.
Anexo | Tamaño |
---|---|
AnexoIII.pdf | 427.8 KB |