Grupo de Xogo Integrado
Dende o curso pasado funciona no noso patio un grupo de xogo que ten como finalidade facilitar a inclusión do alumnado no tempo de lecer. Este é un grupo flexible que permite a autoxestión (si se necesita ou xa conseguimos autonomía). O grupo está dinamizado por Maite que é capaaz de conseguir ese equilibrio.
Obradoiros para a Diversidade
Mensualmente trátase de popoñer un obradoiro “sorpresa”. Este obradoiro é impartido por alumnado voluntario de 6º. Durante unha semana encárganse de preparar, organizar e xestionar o desenvolvemento do obradoiro. Unha vez preparado, durante 3 dias ofértase en horario do recreo. Hai obradoiros para todos os gustos e todas as idades (obradoiro de uñas terroríficas, de sacapenas, de bonecos vintage, obradoiro de paciencia…) A finalidade é desenvolver un proxecto de utilidade para a comunidade, (aprendizaxe servizo) e ofrecer ocio alternativo.