Adxuntamos a instrución para comedores escolares para o próximo curso 2024/2025.
Aquí aparece o modelo de autodeclaración para o curso que ven. FIXÁDEVOS BEN NAS INSTRUCIÓNS PARA CUBRIR CORRECTAMENTE OS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR.
Estimadas familias:
Acabamos de recibir unha corrección de erros nas instrucións de comedor escolar que compartimos con vós e que afectan ao concepto de unidade familiar , que deberedes analizar por se vos atopades nalgunha desas situacións. A correción afecta a:
- Ausencia de matrimonio dos proxenitores
- Parellas de feito
- Custodias compartidas
Estas correccións afectan, vivan xuntos ou non os proxenitores, no que hai que fixarse é si na declaración da renda se deduce ou non polo fillo/a en común, se ambos deducen por él/ela, ambos deberán aparecer na autodeclaración.
Tedes de prazo ata o 15 de xullo para aplicar a corrección de ser o caso. Se tedes dúbidas podedes chamar ao centro de 10 a 13.30 para aclarar a vosa situación.
Un saúdo
Adxuntamos a corrección de erros.