Sabedes que? O pasado xoves día 25 de outubro fixemos unha festa no cole: O Magosto! Cada alumno e alumna trouxemos castañas para asar, había moitísimas pero comémolas todas. Todos e todas estabamos moi contentos, bailando, cantando e xogando cos nosos amigos/as. E ademais algúns nenos tocaron o caixón co profe de música, que se chama Fran.
Coincidindo co último día de clase do primeiro trimestre, e despois da emocionante visita dos Reis Magos, reunímonos todo o alumnado e profesorado no ximnasio para facer entrega dos premios do "CONCURSO DE DEBUXOS E CONTOS DE MEDO", convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Os nenos e nenas gañadores en cada unha das categorías recibiron un agasallo e un diploma.
PARABÉNS!
Premer na imaxe para ver as fotos deste acto.
Tamén lembramos que as imaxes dos debuxos e contos de medo atópanse no álbum da galería: Contos-debuxos medo.
Estas foron as actividades realizadas, ao longo da semana do 6 ao 10 de novembro, a proposta dos equipos docentes de Dinamización da Lingua Galega e Actividades Extraescolares:
-Unha nova edición do Recinova sobre a Santa Compaña.
-Concurso de contos e debuxos de medo, expostos no corredor de acceso á biblioteca.
-Concurso e exposición de cabazas.
E como remate da semana, o venres 10 de novembro:
-Entrega de premios do concurso de cabazas.
-Degustación de castañas asadas no ximnasio.
-Música en directo a cargo do noso profe Fran, acompañado por dous alumnos de 4ºA.
Por outra banda o equipo TIC encargouse de actualizar a sección SAMAÍN - MAGOSTO(incluída dentro do curso CEIP Recimil da aula virtual), coa inclusión de novos recursos, algúns deles elaborados polo profesorado deste equipo docente.
O venres 18 de novembro fixemos entrega dos agasallos aos gañadores dos concursos de contos de medo e de cabazas. Os nenos/as estabamos moi inquedos/as, unha entrega de premios sempre nos emociona.
Alumnado gañador no concurso "Contos de medo":
Educación Infantil
Educación Primaria
Segundos premios
Primeiros premios
4º: Tristán.
5ºB: Avril.
6ºB: Adrián.
2ºB: Emma.
4ºA: Rita.
6ºA: Marina
2ºA: Antón.
4ºB: Andrea.
6ºB: Alejandra.
Parabéns aos gañadores.
E estas foron as aulas premiadas no concurso de "cabazas":
6ºB EI coa cabaza "bombeiro", 1º A EP coa cabaza do "Monstro das galletas", 3ºB EP coa cabaza "Gatiños" e en último lugar, pero non por iso menos importante, 5ºB EP cun conxunto de cabazas da "Mestra cos seus alumnos/as".
Ademais visionamos un vídeo de Samaín de "Brinca Vai" que nos gustou moito, rimos un montón. Se queres volver a velo pincha aquí
Durante as últimas semanas de outubro, con motivo do Samaín, o alumnado de Educación Infantil e Primaria do noso cole deu renda solta á súa creatividade elaborando uns aterradores contos e debuxos baseados na figura do lobishome. Non foi doado escoller os gañadores e gañadoras das diferentes categorías, mais xa podemos desfrutar das súas creacións (xunto coas do resto de participantes) na exposición situada no corredor da planta baixa.
Non deixedes de visitala! (Tamén podedes ver as fotos na galería, premendo na imaxe superior.)
E non vos preocupedes se non vos da tempo, xa que proximamente os relatos seleccionados estarán dispoñibles na biblioteca para lelos con máis tranquilidade.
O xoves 29 de outubro, o alumnado e profesorado do centro, celebramos o Magosto. Comemos castañas asadas todos xuntos no patio, aproveitando un día sen choiva.
Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º amenizaron a celebración cantando cancións tradicionais galegas coa temática da festa.
Así mesmo, durante a última semana de outubro, púidose visitar a tradicional exposición de cabazas, onde estaban expostas as gañadoras do concurso que todos os anos facemos polo Samaín.
Un ano máis, e en colaboración co CEP de Ventín, levamos a cabo o Concurso de Contos e Debuxos de Medo, expostos todos eles no corredor da Biblioteca.