O día 23 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro.
No centro CEIP Recimil tivemos a sorte de que, o luns 21, un grupo musical nos cantara uns poemas de Rosalía e nos contara aspectos da súa vida e como tivo que loitar polo feminismo e polo uso do galego.
O grupo chámase Trío Molime e un dos integrantes é Xoan, un profesor do noso centro.
Aquí estámos os membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega para dar o noso saúdo e deixarvos o Recinova que creamos para o Samaín. Esperamos que vos guste!
Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co equipo de Biblioteca, queremos deixarvos unhas presentacións e xogos relacionados con Xela Arias, a homenaxeada no día das Letras Galegas 2021. O material que está nos enlaces foi realizado por diferentes autores, todos eles compañeiros mestres que coma nós traballan polo fomento do uso do galego.
Queda tamén á vosa disposición a actividade interactiva que deseñamos con toda a nosa ilusión.
Un saúdo!
P.D.: tamén podedes visitar o Blog da Biblioteca, onde atoparedes poemas recitados por mestres e persoal do noso cole!
Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co equipo de biblioteca queremos compartir convosco un par de presentacións interactivas sobre Rosalía de Castro que uns profes fixeron especialmente para este día. Esperamos que vos gusten.
Queremos deixar constancia do que puidemos facer este ano para celebrar o Samaín.
O primeiro que nos atopamos en canto chegamos ao cole foi a decoración da fachada! Estaba monstruosamente perfecta! Encargouse a ANPA, foron tan considerados que tamén nos deixaron unha sorpresiña polo interior do cole...
En 2º EP tamén deixaron "de medo" a aula. Ver vídeo.
O Equipo da Biblioteca, co que colaborou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, organizou unha actividade libre de COVID! Consistía en que os grupos a partir de 4º de educación primaria prepararon uns videocontos para os máis pequenos do cole. Pasárono pipa tanto uns facéndoo coma os peques véndoos! A continuación podedes velos e gozar con eles.
Por último deixámosvos o Recinova de Samaín. Este ano o Equipo de Dinamización da Lingua Galega quíxose adaptar aos novos tempos e á situación na que vivimos, polo que despois de moito pensar decidiron cambiarlle o formato. Esperamos que vos guste!
P.D.: Non vos esquezades de que aínda queda a resolución do concurso de cabazas!
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega querémosvos dar a benvida a este novo curso 2020/2021 que comezou dun xeito algo particular...
Ante a situación na que vivimos estamos a deseñar actividades que se poidan realizar e nas que poida participar o alumnado con seguridade.
Un bo exemplo destas actividades é a proposta polo noso profe de música, da cal os vosos nenos e nenas xa teñen constancia. De tódolos xeitos deixamos a continuación tanto os vídeos para desenvolver a actividade como os arquivos pdf coas partituras por se fora necesario.