Skip to Content

O recuncho de 6º EP

O RAP DE RECIMIL NA FIRST LEGO LEAGUE

PARABÉNS ao equipo Recibótica formado por alumnado de 6º de EP (coordinado pola profe Geno) que, con moitísima ilusión e despois de moito traballo, participou na FIRST LEGO League Galicia (Auditorio de Caranza, 17 de febreiro de 2018). Estes nenos/as presentaron un proxecto que propón a construción de alxibes comunitarios para aproveitar a auga da chuvia e fixérono mediante un rap composto por todo o equipo e que se pode ver no seguinte vídeo.

Imaxes publicadas no álbum da galería: FLL 6EP

Certo que non houbo premio, este foi para o equipo Waterbot do IES de Fene pasando así á fase estatal. PARABÉNS!

Pero tendo en conta que o noso equipo era o integrado polo alumnado máis novo e que esta era a primeira vez que o noso cole se presentaba, a 6º posición de Recibótica nun total de 16 equipos parécenos que está MOI BEN!

PARTICIPACIÓN DE 6º NA FIRST LEGO LEAGUE

O sábado 17 de febreiro a partir das 09:30 horas, no Auditorio de Ferrol, ten lugar o Campionato Rexional da FIRST LEGO LEAGUE (FLL). A partir das 10.40 horas participará un equipo de 6º de primaria do noso colexio, o único de Ferrol desta etapa educativa.

Animádevos a participar como público!!!

Enlace a FIRST LEGO League Galicia.

Captura da imaxe publicada na Voz de Galicia do 16 de febreiro. Premer nela para acceder á noticia:

CESTA DE ENTROIDO ENTREGADA !!!

Velaquí os posuidores da rifa premiada coa cesta de Entroido!

 

Premer na foto para vela a tamaño orixinal.

Desta vez quedou en familia, pois o noso compañeiro Mario, vendedor do número agraciado, estivo encantado de entregárllela aos seus simpáticos avós.

PARABÉNS!!!

CESTA DE ENTROIDO

Fomos ao Gadis de Esteiro e mercamos os produtos da cesta do ENTROIDO.

Lembrade que o sorteo é o venres 2 de Febreiro.

MOITA SORTE!

Lembrade que o prazo de recollida remata o dia 7 de febreiro.

Marta, Alba, Isolina, Maxi. 6º

ROBÓTICA

O alumnado de 6º imos participar na FLL (First Lego League), un concurso de robótica. Entre os alumnos/as fomos escollidos seis para saír a facer as probas, tres de 6ºA e tres de 6ºB. 

O proxecto chámase HYDRODINAMICS.

Enlace á noticia publicada no Diario de Ferrol

 Carlota e Marcos, 6º A

ECOSISTEMAS - 6ºB EP

   Os nenos e nenas de 6ºB fixemos uns ecosistemas (terrestres, acuáticos ...)           

   Utilizamos unhas caixas de cartón, animais de plástico, area, herba. 

   Pasámolo xenial facendo este proxecto. Xa fixemos moitos máis proxectos pero este foi o que máis nos gustou.

   AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHAS FOTOS (premer na seguinte imaxe para velas):

Luna, Isolina,Yanira e Lola - 6ºB

TRABALLOS SOBRE INSECTOS, RÉPTILES E ANFIBIOS

Aquí tedes uns traballos que fixemos tres alumnos/as de 6ºA: un mural sobre insectos e tres presentacións, dúas tamén de insectos e unha de réptiles e anfibios. Toda a información foi recollida e contrastada por nós.

Premer en cada unha das seguintes imaxes para abrir as presentacións.

Miguel, Carlota, Marcos - 6º A

AS AUGAS DO MUNDO

O xoves 30 de novembro viñeron dúas persoas (unha delas era Mar, a nai dunha das nosas compañeiras de 6º) para falarnos das augas do mundo, o que nos vai axudar moito para o proxecto da FIRST LEGO League.

 Contáronnos que había tres tipos de augas:

  • As augas grises 
  • As augas negras
  • As augas de chuvia

E tamén nos dixeron que podiamos reutilizar a auga para as plantas, como por exemplo:

  • A auga do deshumidificador
  • A auga de cocer as verduras 
  • A da chuvia

6º EP

CESTA DE NADAL ENTREGADA!

"É a primeira vez que me toca algo" e "non acostumo a mercar rifas pero eran uns nenos tan educados...!" foron algúns dos comentarios que nos fixo a afortunada e agradable persoa á que lle tocou a cesta. Ademais veuna recoller o día do seu santo!

"Para min tamén é a primeira vez que vendo algo con premio" engade encantado Miguel, que foi quen, acompañado dun compañeiro, lle vendeu a rifa na rúa.

PARABÉNS!  

ROBÓTICA - VISITA AO CIFP FERROLTERRA

O martes 28 de novembro fomos ao CIFP Ferrolterra. Había alumnos/as maiores ca nós e ensináronnos robots que non funcionaban, pero dixéronnos que xa arreglaran 40.

Ensináronnos tres tipos de robots:

  • O robot de carreiras: É o máis rápido e ata poderiamos facer carreiras con el.
  • O robot paxaro loco: Tiña que moverse para diante e para atrás para manter o equilibrio.
  • O robot tanque: Pode ir por un terreo con rochas.

Tamén estivemos montando o taboleiro para as prácticas da nosa participación na "FIRST LEGO League".

Premer na imaxe para vela a tamaño orixinal. Lembramos que as fotos de robótica estanse a publicar no álbum da galería Robótica.

DIVERTÍMONOS MOITO!

6ºEP

Distribuir contido


by Dr. Radut