O sábado 17 de febreiro fomos ao Auditorio de Ferrol a participar no concurso de FLL (First Lego League).
Pasámolo xenial!
Primeiro leváronnos a un sitio apartado, déronnos un agasallo da Universidade da Coruña e a acreditación. Despois déronnos unha charla de benvida.
Deseguido, os nosos compañeiros subiron ao escenario para facer a primeira proba dos robots. Estabamos moi nerviosos/as véndoos. Non conseguimos puntos pero tiñamos dúas oportunidades máis.
Eramos 16 equipos e quedamos... de SEXTOS!
A presentación foinos moi ben e o mural de valores tamén. O xurado fíxonos unha proba de equipo: andar cuns folios baixo os pés sen levantalos. NON O CONSEGUIMOS!
Chegou a segunda oportunidade: tampouco conseguimos puntos, pero na terceira...CONSEGUIMOS 4 E MÁIS UN, QUE NOS DEU O OUTRO EQUIPO (CasanovaSquad)!!
Despois fomos á Universidade de Ferrol a comer. A continuación fixéronnos unha visita guiada. Aprendemos moito!!
Estivemos nun túnel do vento: o máximo que tivemos foi de 140 km/hora.
E MOITAS COUSAS MÁIS!!!
Vimos experimentos, robots...
Foi unha experiencia inolvidable!!!
Na seguinte foto podedes ver a unha compañeira nosa lucindo a camiseta de Recibótica e acompañada do autor do debuxo do robot, un neno de 4ºB.
Equipo Recibótica!!!!