Skip to Content

PROGRAMA ATRÉVETE 2016: PREMIO NO CEIP RECIMIL!

PARABÉNS A SOFÍA, a nosa alumna de 6º de EP que no día de hoxe recibiu de mans do Conselleiro de Educación, un dos premios ATRÉVETE 2016. O acto tivo lugar hoxe, 3 de xuño, ás 12:00 horas no Auditorio da Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). O premio consistiu nun diploma e unha tableta, e, por suposto, tamén queda a satisfacción polo traballo ben feito.

   Premer na imaxe para vela no seu tamaño orixinal.

Ao longo deste curso os alumnos/as de 6º, como participantes no programa Atrévete, aprenderon como funciona unha empresa. A partir de aí como proxecto conxunto, iniciouse a actividade dos "Venres Doces", co fin de axudar a financiar a excursión de fin de etapa. Ingresos, gastos, publicidade, promocións... foron conceptos cos que se estiveron familiarizando. Pero tamén coñeceron modos de financiación de proxectos, novos xeitos de emprender, a utilidade da rede, Internet como recurso empresarial...

Ademais cada neno/a presentou un proxecto, e o de Sofía foi un dos 23 premiados nun total de 2.115 traballos presentados.



page | by Dr. Radut