Como todos os anos e como peche ás actividades da BIBLIOTECA foron entregados agasallos aos alumnos e alumnas que colaboraron no seu funcionamento.
A maioría dos nenos e nenas de sexto de primaria recibiron un diploma cun agradecemento por atender os empréstitos e devolucións nos recreos durante todo o curso, establecendo quendas e coa supervisión dunha profesora do equipo.
Recibiron premios especiais os seguintes rapaces:
Aarón de 1ºB por asistir asiduamente a ler durante os recreos cunha actitude exemplar.
Sofía de 5º B por ser a alumna que máis libros desta biblioteca leu no presente curso.
Lucas e Kevin de 6ºA por asistir case a diario, voluntariamente e fóra das súas quendas, dispostos a resolver as dúbidas dos usuarios.
Parabéns a estes nenos e nenas que aportaron parte do seu tempo para que a nosa BIBLIOTECA funcione cada vez mellor.
Zongalo Quirico convídavos a seguir o seu exemplo.