Os alumnos e alumnas do 3º ciclo asistimos na Aula de Ecoloxía Urbana a unha actividade titulada "A enerxía nos nosos fogares".
Empezamos a sesión lendo unha carta que nos envían os habitantes do futuro, que por certo, pensamos que poderían ser os nosos fillos ou os nosos netos, pedíndonos que coidemos o noso planeta Terra porque o están atopando moi estragado.
Preocupados por esta mensaxe empezamos a pensar en grupos como poderiamos aforrar enerxía nos nosos fogares e contaminar o menos posible.
Por medio de xogos aprendimos que aparatos dos que usamos habitualmente consumen máis ou menos, que fontes de enerxía son máis limpas…, pero a conclusión final á que chegamos foi que aforrando enerxía estamos contrubuíndo a coidar o noso planeta.
A ÚNICA ENERXÍA LIMPA É A QUE NON SE CONSUME