O xoves 17 de novembro o alumnado de 5 anos de Educación Infantil participou nun obradoiro de reciclaxe de papel na “Aula Reciclaterra” ubicada en Mougá. Colaboraron no proceso de elaboración de pasta de papel e fixeron unha bolboreta con papel e cartón reciclado.