Skip to Content

EDUCACIÓN VIARIA E MUSEO DO HUMOR (FENE)

Sabedes o que fixemos o día 26 de abril?

Fomos de excursión ao Museo do Humor de Fene e tamén fixemos unha visita ao centro de Educación Viaria... Asistimos a esa visita os nenos e nenas de 4º e de 6º. (Anteriormente xa a fixeran os de 5º).

Sandra, Yoli e máis Vicente dixeron que a visita fora do máis agradable no centro de Educación Vial.

No Museo do Humor merendamos e o primeiro que vimos foi ao "Galego Das Escaleiras". Despois vimos uns espellos no que nos reflectiamos de diferentes maneiras: Había un no que nos viamos moi altos e moi delgados, outro no que viamos os nosos pés enormes...

Pero o que máis nos chamou a atención (polo menos a nós) foi a sala do "humor negro" e a dos "Premios Curuxa".

"O humor negro" era unha sala onde había caricaturas e tamén unhas lámpadas de raios ultravioletas que facían que a roupa branca e a fosforita brillaran esaxeradamente.

"Os premios curuxa" son uns premios que se entregan unha vez ao ano ao gañador dun concurso de debuxo no museo do humor...

Nós pasámolo moi ben, foi unha experiencia moi divertida!!!

                                                     Noemi e Daniela, 6ºA



page | by Dr. Radut