O alumnado de 2º, 3º e 4º de primaria participaron nesta actividade. Manuel Pombal e Suso Pando fixeron un obradoiro no que explicaron o proceso de creación dunha historia para a televisión e de como se fai a dobraxe para que se poida ver nos diferentes países. Logo, a partires dun capítulo editado da serie de debuxos animados de Bob Esponxa, fixeron unha proba de dobraxe a cada neno e nena e gravaron as voces a varios deles, vendo o resultado final. Os nenos e nenas quedaron entusiasmados e gustoulles moito a experiencia.