O venres 30 de abril, celebramos no cole a festa do Maio.
Os nenos e nenas trouxeron da casa fiuncho, pampullos, ovos, laranxas... que coseron con moito agarimo para crear un fermoso e colorido maio.
Tamén prepararon as súas coplas, que cantaron mentras bailaban arredor do maio.
Aquí deixámosvos unha pequena mostra da nosa celebración, xa que neste curso tan extraño non podemos contar coa presenza das familias nestas celebracións.
Este ano, volvemos celebrar na escola unha das tradicións máis populares do folclore da zona, “Os Maios”. Despois de ensaiar as coplas que fixemos, cantámolas ao redor do maio.
No ficheiro adxuntopodedes ler as coplas que fixeron os diferentes cursos...