Skip to Content

Día das letras galegas

Remata o Festival das Letras 2022

Hoxe, venres 26 de maio, demos por rematado o Festival das Letras Galegas.

Para poñer o broche final a esta semana de celebración da nosa lingua, tivemos unha actuación da Asociación do Carballo das Cen Polas, á que pertencen varios alumnos e alumnas do centro. Ao son dos tambores, das gaitas e das pandeiretas moitos animáronse a bailar en parellas, rodas ou en liña. Foi unha festa!

Despois do recreo, coñecemos o fallo do concurso da Reboraina, e entregamos os premios ao noso talentoso alumnado. 

Escoitamos a lectura do conto gañador, e volvemos a despedirnos coa música do tambor, da gaita e da pandeireta.

 

Grazas a todos e todas por participar.

Vémonos o ano que vén, na próxima edición da Reboraina. 

Festival das Letras 2022

Hoxe, xoves 19 de maio, e como parte da celebración da semana das letras, celebramos o

Festival das Letras.

Tras moitas semanas de ensaios, poidemos desfrutar de música e danza en vivo.

O noso programa, que daría envexa a calquera festival nacional ou internacional, foi:

Danza, baile ou xogo

Interpretación musical

Ed. Infantil: A caminho de Viseu.

2º de Ed. Primaria con voces, instrumentos de placas, piñas e culleres. Clarinetes e guitarra.

 1º de Ed. Primaria: Vai de roda en roda. 

3º de Ed. Primaria con voces, instrumentos de placas, clarinetes e guitarra.

2º de Ed. Primaria: Danza de arcos.

4º de Ed. Primaria con instrumentos de placas, piñas e cunchas. Banda estable coa peza "Muiñeira da Freixa", de R. Groba.

3º de Ed. Primaria: Mazarico.

5º de Ed. Primaria coa voz, instrumentos de placas, piñas e culleres. Clarinetes e guitarras. 

 4º de Ed. Primaria: Regueifa.

6º de Ed. Primaria con voces e culleres. Banda estable coa "Foliada de Vilar", dos Morenos de Lavadores, e coplas populares de regueifa de voda.

 5º de Ed. Primaria: Danza das fitas.

Ed. Infantil con piñas e paus. Banda estable coa muiñeira tradicional recollida para esta danza en Salvaterra. 

 6º de Ed. Primaria: Danza de paus.

1º de Ed. Primaria con piñas e paus. Banda estable coa peza recollida no Cancioneiro de Casto Sampedro. 

 

Moitas grazas á profe Isabel e á profe Mercedes, que organizaron e puxeron todo o seu esforzo, tempo e bo facer; e a todo o alumnado e docentes do centro, por implicarse tanto.

 

Clicando na seguinte imaxe podedes acceder ao album de fotos da nosa Semana das Letras Galegas:

Álbum: Curso 2021/22 -> Semana das letras galegas

Damos comezo á semana das letras galegas 2022!

O alumnado de sexto de primaria preparou e leu un manifesto. A continuación, procedeuse ao izado das bandeiras, e ao canto do Himno de Galicia.

himno

Esta semana estará chea de actividades:

- coñeceremos a figura de Florencio Delgado Gurriarán

celebraremos o Festival das Letras

- desfrutaremos da actuación do "Carballo das Cen Polas"

- coñeceremos aos gañadores e gañadoras do Concurso da Reboraina

Comezamos!

 

Letras Galegas 2020

RICARDO CARVALHO CALERO

LETRAS GALEGAS 2020

 En cada un dos apartados atoparedes a ligazón para visualizar ese material.

  1. PARA LER.
  2. MUSICADO.
  3. PARA VER E ESCOITAR.
  4. PARA XOGAR COS PERSONAXES DO CONTO.
Distribuir contido


by Dr. Radut