O xoves 28 e o venres 29 de outubro celebramos no colexio o magosto e o Samaín.
Xoves asamos as castañas que trouxeron os nenos e nenas de infantil e os primeiros cursos de primaria, coa leña que trouxo o alumnado de quinto e sexto.
O profe Guillermo veu de visita, e xunto co profe Esteban prepararon unhas castañas moi saborosas, que comemos nos distintos patios.
Venres, viñemos disfrazados para celebrar o Samaín, a antiga celebración celta que está na orixe do actual Halloween.
Xa chegou de novo a celebración do magosto no cole de Reboreda. Gozamos moitísimo comendo castañas e xogando a xogos populares. Sen esquecernos das rosquillas que nos agasalla a ANPA e que están moi ricas!!
No cole de Reboreda celebramos o magosto comendo castañas e xogando a xogos populares. Ademais a ANPA obsequiounos cunhas rosquillas. Pasámolo moi ben!!