Skip to Content

Novas

PLAN DIXITAL 2024

Familias,  

 

Nesta ligazón https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=133&codCentro=36007709 podedes atopar o PLAN DIXITAL  en EDUCALIDADE para o vindeiro curso 2024-2025. 

 

Un saúdo

 

O equipo

V FESTIVAL DE CURTAS

Estimadas familias:

 

Un ano máis, e xa van cinco, imos celebrar o Festival de Curtas do CEIP REBOREDA. Para poder participar o alumnado deberá gravar unha curta de medo que non pase de 3 minutos. O idioma será o galego e entregaránse no centro nun PEN DRIVE. 

Animádevos e participade!!! 

Tedes as bases no instagram no centro e no seguinte enlace:

https://view.genially.com/6706412b268f7120bdca1a0d

Esperamos as vosas curtas.

Grazas

 

V FESTIVAL DE CURTAS

INFORMACIÓN SOBRE O FONDO DE LIBROS

Bo día,

Comunicamos que a partir de mañá, martes día 2 de xullo, podedes consultar a resolución provisional do fondo de libros. Estas listas poderanse consultar nos taboeiros do centro ou chamando aos teléfonos do centro en horario de mañá ( de 9:30 a 13:30), 886110662 / 886110663

Ábrese un plazo de reclamación de dous días ( 2 e 3 de xullo) e o xoves 4 sairán a listas definitivas.

En canto aos vales de libros e material, podedes pasar a recollelos dende mañá ata o día 5 de xullo. Os que non poidan durante estes días, poderán recollelos no mes de setembro.

 Un saúdo,

O equipo

REVISTA BOLBORETA

 

Un ano máis xa tedes a vosa disposición a revista Bolboreta.

Bo verán!

PUNTO LARANXA

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E O CIBERACOSO ESCOLAR

 

O noso centro xa dispón do "Punto Laranxa"

 

 

O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso non centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.

 

COMO FUNCIONA O PUNTO LARANXA?

Se o estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo!

1. Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas seguro/a

2. Localiza o Punto Laranxa no teu centro.

3. Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar no teu centro).

 

 

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN 2024

Estimadas familias;

 

Todas as solicitudes de admisión presentadas no centro  para o curso  2024-2025 teñen praza.

 

Un saúdo

 

O equipo

ADMISIÓN 2024

Estimadas familias; 

 

 

Lembramos que o prazo de admisión 2024 remata o día 20 de marzo.

 

 

 

 

 

Un saúdo

O equipo

SOLICITIDES ADMISIÓN 2024-2025

No mes de marzo comeza o PERIODO DE ADMISIÓN  para o vindeiro curso 2024-2025

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

PRÓXIMA APERTURA DO:  1 DE MARZO AO 20 DE MARZO

 

 

 

 

TODA A INFORMACIÓN NA PÁXINA WEB :

 www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

X CERTAME DE RELATO CURTO

Estimadas familias, 

Gustaríanos animarvos a que participedes neste edición de relato curto, unha gran oportunidade para deixar voar a vosa imaxinación a través da escritura.

Podedes atopar as bases de participación neste enlace

https://www.nontedurmas.org/concursos-e-certames/x-edicion-do-certame-de-relato-curto/

 

 

IMG_3694 (2).jpg

ORDES DO MECO

Familias, tal e como vén sendo habitual nestas datas de Entroido, achegámosvos as Ordes do Meco.

 

O luns: "Para a semana poder comezar, algo deportivo terás que levar".

O martes: "Se o martes con ritmo queres vir, con algo musical debes acudir".

O mércores: "Para o noso entorno coñecer algo posto de ciencias naturais debes traer".

O xoves: "Para descansar de tanto traballar, o pixama non has de sacar".

O venres: "O venres no recreos saímos todos de paseo".

Distribuir contido


by Dr. Radut