Skip to Content

Educación Primaria

O Coro das Emocións

Este é o videoclip que fixemos para a proposta Somos Creativos, do Coro das emocións do programa de Educación Responsable.

Traballamos en colaboración 2ºB e 5º de Educación Infantil, sobre a canción "Twist del Monoliso", de María Elena Walsh.

 Foi moi divertido!!!

O reto Digicraft

O superreto Digicraft foi toda unha experiencia para o alumnado de quinto de educación primaria, que puido sacar da aula o seu traballo e defendelo diante dun xurado.

Non gañaron o premio, pero disfrutaron de toda unha experiencia.

Rapaces e rapazas de quinto, para nós, sodes uns cracks!!

Para ver cómo foi a súa experiencia, clicade en "Leer máis".

 

Os nosos proxectos en Galiciencia

O venres, presentamos proxectos en Galiciencia.

Catro dos nosos alumnos e alumnas foron seleccionados para a Feira Científica de Galiciencia e este venres 13 asistiremos á mesma.

Na páxina web da Feira están os vídeos dos proxectos para que os poidades visualizar:

O número 14, Roupa Reciclada, de Sara e Emma.

 

O número 15, Coche Ecolóxico, de Mauro e Alán.

sara-emma   alan-mauro

Ademais, se vos gustan, vos resultan interesantes e vos parece ben, poderedes valoralos! 

DixInnova 2022

Este ano participamos en Dixiinova, e xa estamos a argallar como mellorar a dixitalización do noso centro para os cursos vindeiros. No noso punto de mira está a elaboración do Plan Dixital, e o programa de Polos Creativos.

Clicando na imaxe podedes acceder ás conferencias do 10 de maio. Ollo, que son 10 horas de conferencia!

Hoxe, 11 de maio, o alumnado de quinto vai participar presentando parte do feito neste curso. Bo traballo!

Adaptación da Concreción Curricular.

Clicando na imaxe podedes descargar a Adaptación da Concreción Curricular. 

Creamos o noso propio material sobre os dinosauros!

A función de nutrición

Traballando a función de nutrición!

Aquí vos mostramos como quedaron as maquetas que por equipos, construímos dos diferentes aparatos que interveñen na función de nutrición. Unha vez feitos, preparamos unha explicación para o resto de nen@s da clase e expuxémola de forma oral.

Distribuir contido


by Dr. Radut