Hoxe, venres 26 de maio, demos por rematado o Festival das Letras Galegas.
Para poñer o broche final a esta semana de celebración da nosa lingua, tivemos unha actuación da Asociación do Carballo das Cen Polas, á que pertencen varios alumnos e alumnas do centro. Ao son dos tambores, das gaitas e das pandeiretas moitos animáronse a bailar en parellas, rodas ou en liña. Foi unha festa!
Despois do recreo, coñecemos o fallo do concurso da Reboraina, e entregamos os premios ao noso talentoso alumnado.
Escoitamos a lectura do conto gañador, e volvemos a despedirnos coa música do tambor, da gaita e da pandeireta.
Grazas a todos e todas por participar.
Vémonos o ano que vén, na próxima edición da Reboraina.
Hoxe, xoves 19 de maio, e como parte da celebración da semana das letras, celebramos o
Festival das Letras.
Tras moitas semanas de ensaios, poidemos desfrutar de música e danza en vivo.
O noso programa, que daría envexa a calquera festival nacional ou internacional, foi:
Danza, baile ou xogo
Interpretación musical
Ed. Infantil: A caminho de Viseu.
2º de Ed. Primaria con voces, instrumentos de placas, piñas e culleres. Clarinetes e guitarra.
1º de Ed. Primaria: Vai de roda en roda.
3º de Ed. Primaria con voces, instrumentos de placas, clarinetes e guitarra.
2º de Ed. Primaria: Danza de arcos.
4º de Ed. Primaria con instrumentos de placas, piñas e cunchas. Banda estable coa peza "Muiñeira da Freixa", de R. Groba.
3º de Ed. Primaria: Mazarico.
5º de Ed. Primaria coa voz, instrumentos de placas, piñas e culleres. Clarinetes e guitarras.
4º de Ed. Primaria: Regueifa.
6º de Ed. Primaria con voces e culleres. Banda estable coa "Foliada de Vilar", dos Morenos de Lavadores, e coplas populares de regueifa de voda.
5º de Ed. Primaria: Danza das fitas.
Ed. Infantil con piñas e paus. Banda estable coa muiñeira tradicional recollida para esta danza en Salvaterra.
6º de Ed. Primaria: Danza de paus.
1º de Ed. Primaria con piñas e paus. Banda estable coa peza recollida no Cancioneiro de Casto Sampedro.
Moitas grazas á profe Isabel e á profe Mercedes, que organizaron e puxeron todo o seu esforzo, tempo e bo facer; e a todo o alumnado e docentes do centro, por implicarse tanto.
Clicando na seguinte imaxe podedes acceder ao album de fotos da nosa Semana das Letras Galegas:
O superreto Digicraft foi toda unha experiencia para o alumnado de quinto de educación primaria, que puido sacar da aula o seu traballo e defendelo diante dun xurado.
Non gañaron o premio, pero disfrutaron de toda unha experiencia.
Rapaces e rapazas de quinto, para nós, sodes uns cracks!!
Para ver cómo foi a súa experiencia, clicade en "Leer máis".
O venres 6 de maio celebramos o día da árbore cunha saída conxunta de todo o alumnado e o profesorado.
Visitamos o Carballo das Cen Polas e, coa axuda dos monitores e monitoras de Alecrín, aprendimos sobre a contorna que nos rodea, e a importancia de protexela.
Investigamos, xogamos, seguimos as pistas, traballamos en equipo para resolver acertixos...
Tamén aproveitamos para merendar e, por suposto, deixamos a carballeira tan limpa e bonita como a atopamos.