Skip to Content

Matrícula

MATRÍCULA 2024-2025

MATRÍCULA 2024-2025

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA 2023-2024

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA  2023-2024

FORMULARIO E DOCUMENTACIÓN PARA A MATRÍCULA 2023

 

 

Estimadas familias;

Do 20 ao 30 de xuño comeza o período de formalización de matrícula para todas aquelas familias que realizaron a reserva de admisión de praza.

 

IMPORTANTE

 

Documentación a presentar

 

  • Fotocopia do libro de familia

  • Fotocopia do DNI dos proxenitores e do alumnado (se o ten)

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria

  • Fotocopia do libro de vacinas

  • 2 fotografias tamaño carné

  • Sentenza de separación ou divorcio de ser o caso

 

TODAS AQUELAS FAMILIAS QUE NO PERÍODO DE ADMISIÓN PRESENTARON ALGUNHA DOCUMENTACIÓN NON É PRECISO QUE A ENTREGUEN DE NOVO.

 

Nos ficheiros adxuntos podedes atopar os impresos necesiarios para a formalización da matrícula

 

 

 

XESTIÓN DE SOLICITUDES DE RESERVA PARA CENTROS ADSCRITOS PRAZO ABERTO DO 16 DE XANEIRO AO 6 FEBREIRO

ESTIMADAS FAMILIAS;

ACHEGAMOS TODA A INFORMACIÓN PARA A SOLICITUDES DE RESERVA PARA CENTROS ADSCRITOS DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA.

TODAS A INFORMACIÓN PODEDES ATOPALA NO SEGUINTE ADXUNTO PDF

 

Admisión de alumnado 2023-24

Estimadas familias,

entre o 1 e o 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión de alumnado para o curso 2023/24.

Tal como aparece publicado no PORTAL DA CONSELLERÍA:

"Desde o vindeiro martes día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2023/24, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo [...], así como para aqueles alumnos [...] que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño [...].


Presentación de solicitude de praza:

Prazo: Do 1 ao 20 de marzo.

Mediante o Modelo ED550B, que se pode solicitar no centro ou descargar da páxina da consellería.


Publicación das listaxes provisionais:

Prazo: Antes do 25 de abril.

Publicarase nos taboleiros interiores do centro.



 

DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

Estimadas familias;

Xa tedes a vosa disposición os documentos necesarios para a formalización da matrícula.

 

O periodo de matrícula comeza o 20 de xuño e remata o 30 de xuño.

 

IMPORTANTE

Documentación a presentar

  • Fotocopia do libro de familia
  • Fotocopia do DNI dos proxenitores e do alumnado (se o ten)
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do libro de vacinas
  • 4 fotografias tamaño carné
  • Sentenza de separación ou divorcio de ser o caso

LISTAXES PROVISIONAIS ADMISIÓN 2022-2023

Todas as familias que fixeron a reserva- admisión para o vindeiro curso 2022-2023 están admitidas .

 Podedes consultar dita información (listaxes provisionais) nos taboleiros do centro. 

As listaxes definitivas sairán o 13 de maio. 

 

 

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado para o curso 2022/2023: Centros Adscritos.

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación admisionalumnado (www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) no menú: Solicitudes > Reservas > Crear.

Distribuir contido


by Dr. Radut