UN ENTROIDO ESCALOFRIANTE 2012
UN ENTROIDO ESCALOFRIANTE
(información absolutamente confidencial e terrorífica)
Os nenos e nenas do terceiro ciclo van celebrar un entroido de contos, pero de contos de... MEDO!!!
Pero mentras non chega o entroido podedes conectar aquí abaixo co programa IMPROVISA onde están os traballos que o alumnado do terceiro ciclo realizou coa mestra de música e plástica Isabel Mouzo. Hai debuxos e sons absolutamente pavorosos, e ademáis se pode xogar co teclado do ordenador coma se fose un órgano.
Os nenos e nenas de 5º A van disfrazarse de dous personaxes que meten moitísimo medo e que lle quitan o sono a moitos cativos (e tamén a algún maior): Vampiros e Frankenstein. FUXIDE!!!
Na clase de 5º B os alumnos e alumnas aínda están acordando os personaxes cos que nos queren aterrorizar. Ultimamente os demos ían gañando con moita ventaxe, pero pode aparecer calquera personaxe espantoso. HABERÁ QUE PORTARSE BEN!!!
Nesta aula de 6º A os zombies veñen achegándose pouco a pouco pero sen acougo. Estes mortos viventes meten moito medo e, ademáis os acompaña a nena do exorcista. TERRORÍFICO!!!
En 6º B son tamén moreas os personaxes aterradores que nos van vir visitar: pantasmas, momias, zombies, vampiros, unha enfermeira asasina e ata a morte... REALMENTE ATERRADOR!!!