Skip to Content

9 MESES, 9 HÁBITOS. Novembro: A camiñar!

Empezamos outro mes e toca un novo reto da nosa campaña "9 meses 9 hábitos". Se en outubro recordabamos a importancia de beber auga para manter os nosos niveis de hidratación, neste mes é o turno de recordar a importancia e beneficios de camiñar a diario, tanto para nenos e nenas como para os adultos de todas as idades.

 Déixovos enlaces a varios vídeos nos que se fala dos beneficios desta actividade:

Vídeo: Por que é tan bo camiñar? 

Vídeo: Beneficios de camiñar para os nenos

Pero non sería un reto se non vos invitamos  a levar esta actividade á practica, non si? A idea é que vos marquedes un mínimo de pasos diarios e que controledes a través do voso smartphone, fitband, smartwatch, etc se os cumprides ou non. Se queredes ter información das mellores apps para facer este seguimento só tedes que premer no enlace. Tamén podedes descargaros a folla de rexistro dos pasos diarios para cubrir durante todo o mes nos adxuntos que figuran máis abaixo. Podedes compartila en instagram mencionando a canle do cole @ceip_reboreda e o hashtag #9meses9habitos.

E se non sodes moito de tecnoloxías que iso non sexa unha excusa. Podedes marcaros un tempo diario para camiñar e controlalo polo voso reloxo de toda a vida, o caso é camiñar. A que estades esperando? Animádevos!

 

A coordinadora de Benestar e Convivencia

 

 

 

AdxuntoTamaño
Rexistro de pasos diario.pdf43.58 KB


story | by Dr. Radut